A mulleres, mozas e nenas,
Para as que o fútbol é parte da súa vida,
Das súas Ledicias,
Da súa tristeza.
Esas que adican esforzo
O seu tempo, talento e teima,
En practicar ou traballar por
e para uns deportes
que aínda hoxe nos silencian.
Móstrannos indiferencia.
Dende A Terra, o balón mais elas
Lanzamos o compromiso
De traballar por visibilizar e mellorar
O papel de todas vós,
En tódalas profesións,
áreas e ámbitos de actuación
Ao Longo de todo o camiño.